...

Proceso polo cal se separan as partículas que estaban xuntas formado agregados na superficie, dentro do solo, ou acumulacións nun horizonte.

Pode ser debido: i) ao impacto das pingas de choiva natural ou dun aspersor sobre a superficie dun solo con agregados pouco estables que, ao humedecerse de forma brusca, estalan debido á presión exercida polo aire ocluído dentro dos agregados, ao colapsar, as partículas individualizadas poden dar lugar á formación dun selo e costra superficial; b) á labra cando o solo está demasiado seco, o que provoca a fragmentación dos agregados pouco estables; c) á dispersión dos agregados de solos sódicos ao humedecerse, en caso de presentar estrutura columnar visible cando o solo está seco, ao humedecerse a estrutura colapsa e pasa a maciza; d) ao somerxer en auga durante unhas horas, un fragmento dun horizonte aparentemente endurecido ou cementado cando está seco, para verificar se realmente estaba cementado.