...

Plan para a toma de mostras para estimar propiedades dunha poboación a partir dun número reducido de mostras, de maneira que resulten manexables de acordo cos recursos dispoñibles e proporcionen unha estimación razoable das propiedades do conxunto da poboación sobre a que se teñen que tomar decisións. O lugar de mostraxe débese establecer de maneira que se consiga unha adecuada representatividade da área estudada e non polo criterio de fácil accesibilidade. A forma de tomar as mostras pode ser: mostraxe simple ao azar; mostraxe sistemática; mostraxe estratificada; e mostraxe en clusters ou grupos.