Proceso que ten lugar nun corpo poroso cando un fluído entra nel e se despraza e mestura con outro fluído preexistente. Trátase dun proceso de transporte no que se combina a convección e a difusión aparente. No solo prodúcese no lavado de sales, así como na fertirrigación, xa que a auga engadida ou a disolución de nutrientes engadidos desprazan e á vez se mesturan coa auga preexistente do solo.