...

Proceso de perda de H+ dos grupos funcionais situados na superficie con formación de H3O+ en disolución. En minerais de arxila, ocorre nos grupos =Al=OH, =Al=OH2+, Al=OH2+ e =Si=OH, situados nos bordes das láminas destes minerais, así como nos óxidos de ferro e aluminio e na materia orgánica, o que orixina unha carga negativa dependente do pH no solo.