...

A densidade da vexetación pódese determinar mediante:

1) métodos directos no campo, no que se delimitan cuadrículas dun tamaño determinado na zona a estudar, ou ao longo de transectos, e cóntase o número de plantas presentes (as medidas en varios cadrados ou transectos dá unha idea da comunidade); son métodos moi laboriosos, aínda que son os máis precisos e serven para establecer patróns para validar os métodos de detección remota.

2)métodos indirectos: 21) con sensores remotos, fotogramas aéreos (imaxes cenitais), teledetección (Landsat, Modis) ou radiación infravermella, o que permite definir índices de vexetación para determinar a cantidade, calidade e desenvolvemento da vexetación; información que se trata con sistemas de información xeográfica; permiten establecer índices, como o índice de vexetación de diferenza normalizada; 22) con tecnoloxía LIDAR (en. Laser Imaging Detection and Ranging), que utiliza un feixe de electróns de láser pulsado, que permite determinar as alturas e densidades das cubertas vexetais.