...

Medida indirecta da distribución do tamaño dos agregados que resulta dunha peneiradura en seco dunha mostra de solo nunha torre de peneiras, realizada de forma estandarizada. Se unha peneira retén a fracción i entre 4 e 2 mm, o diámetro medio da fracción retida, di, será de 3 mm; e a proporción da masa retida, mi, respecto á masa total da mostra peneirada, mT, será wi. O diámetro medio ponderado se calcula coa expresión: WAD = Σ di wi. Sigla: WAD.