Grupo de algas unicelulares microscopicas que forman parte do fitoplancton e que inclúe varios xéneros e ata 20.000 especies que poden ser solitarias ou coloniais. A súa principal característica é a parede celular de sílice chamada frústula que consiste en dúas seccións (valvas) que se superpoñen unha a outra, denominadas epiteca (placa superior) e hipoteca (placa inferior). O frústulo aparece delicadamente ornamentado con relevos que forman debuxos variados e perfectamente simétricos, dando lugar a dous tipos de diatomeas: as que teñen simetría radial e as que teñen simetría bilateral. Os frústulos das diatomeas sediméntanse por gravidade cando a célula é dixerida ou morre, dando orixe a rocas sedimentarias como as diatomitas e as moronitas. A terra de diatomeas é empregada como biofertilizante.