...

Característica dun solo cuxo perfil textural presenta un incremento moi marcado no contido de arxila nunha distancia vertical moi curta na zona de contacto entre dous horizontes. Os requirimentos establecidos son que o horizonte subxacente debe ter un contido de arxila igual ou superior ao 8 %; e que nun espesor de 5 cm: (1) débese duplicar o contido en arxila da capa ou horizonte supraxacente, se esta ten menos dun 20 % de arxila; ou (2) débese dar un incremento de arxila igual ou superior a un 20 % (absoluto) se o contido de arxila da capa ou horizonte supraxacente é igual ou superior ao 20 %. Esta denominación, introducida pola WRB en 2014, conceptualmente equivale ao cambio textural abrupto de Soil Taxonomy, se ben os requirimentos son outros neste caso.