...

Movemento espontáneo de ións e moléculas dentro dun solvente dado (gas, líquido ou sólido) por efecto dun gradiente de presión ou de concentración (actividade química) dende as áreas de maior concentración a outras de menor concentración. Trátase dun movemento browniano. No solo, os procesos de difusión máis importantes afectan aos gases dentro da fase gasosa do solo e aos que hai no aire circundante, así como ao movemento dos nutrientes cara á raíz e ao dos ións dos sales disoltos na fase líquida.