...

Mestura homoxénea de dous ou máis compoñentes nunha proporción variable, na cal os solutos son os compoñentes minoritarios e disolvente (un gas, un líquido ou un sólido) o maioritario. Son exemplos de disolucións o aire (disolución gasosa), os sales solubles en auga (disolución líquida) e o olivino (disolución sólida). É recomendable utilizar o término disolución en lugar de solución cando nos referimos á acción ou ao proceso de disolver e tamén ao efecto ou ao resultado deste proceso. Non obstante, a expresión inglesa soil solution deu lugar á expresión solución do solo, cuxo uso xeneralizouse, e é equivalente a fase líquida do solo e á auga extraída do solo, por exemplo, mediante unha sonda de succión.