...

Ecuación xeral de tres parámetros (BET) proposta polo modelo matemático desenvolvido por Stephen Brunauer, Paul Hugh Emmet e Edward Teller para describir sorcións multicapa mediante forzas de Van der Waals. O procedemento máis amplamente utilizado para a determinación da área superficial de materiais sólidos baséase na ecuación BET: P/P0/x(1−P/P0) = (1/xm × C) + C −  1/xm × P/P0,
x é a cantidade adsorbida expresada en mmol kg-1 a unha presión relativa dada (P/P0); xm é a cantidade correspondente á absorción máxima que constitúe unha monocapa da cobertura superficial; P0 é a presión de saturación de vapor á temperatura do sorbente. O término C, que é a constante BET que relaciona a enerxía de adsorción da primeira capa adsorbida e a enerxía de adsorción das multicapas. O seu valor é indicativo da magnitude das interaccións sorbente/sorbato. O significado físico de C require que o seu valor sexa positivo. A ecuación simplificada (de dous parámetros) coincide coa de Langmuir e, para valores grandes de capas, asume a forma da de BET de tres parámetros. A ecuación de BET se aplica ás isotermas de adsorción no rango de presións relativas P/P0 = 0,05-0,30, por un método de axuste non lineal. Se utiliza para estudar a adsorción de compostos con presións de vapor altas.