...

Expresión que describe o ángulo de contacto medido directamente sobre unha superficie plana ou case plana a partir do equilibrio mecánico na interfase sólido-vapor (SV), sólido-líquido (SL) e líquido-vapor (LV). A súa expresión é: γLV cosθγ = γSV – γSL onde, γ (mN m-1) é a tensión superficial da respectiva fase (γ que se pode ver como a enerxía libre da interfase, mJ m-2); θγ é θ de equilibrio na interfase sólido-líquido-vapor e se designa como ángulo de contacto.

As condicións experimentais nas que θE é unha boa aproximación de θγE = θγ) son: i) a fase sólida é ideal (lisa, plana, ríxida, quimicamente homoxénea, insoluble e non reactiva); ii) a fase líquida é pura; e (iii) a adsorción de vapor na fase sólida é desprezable. Esta ecuación utilízase en estudos de solos repelentes á auga, se ben o feito de que se trate de superficies de natureza heteroxénea dará lugar a desviacións respecto ao comportamento ideal proposto por Young.