Acumulación de sales máis solubles que o xeso, de cor branca e aspecto pulverulento, xeralmente na superficie do solo, ou en calquera outra superficie exposta ao aire (no perfil do solo ou en gretas). Ten sabor salgado se predomina o cloruro de sodio (NaCl), e amargo se predomina o cloruro de magnesio (MgCl2). Débense ao movemento capilar ascendente de auga no solo que, ao alcanzar superficies expostas, evapórase, co que os sales que contiña a auga en disolución precipitan. A existencia dunha capa freática salina próxima á superficie do solo favorece a formación deste tipo de acumulacións durante a estación seca. O ensaio con nitrato de prata (AgNO3) permite identificar a presenza de Cl− e con cloruro de bario (BaCl2) a de SO42−. Son características de solos salinos de rexións áridas e semiáridas, de solos SolonchakWRB, Salid ST e de diversos niveis taxonómicos da Soil Taxonomy.