Técnica analítica para separar moléculas segundo a súa mobilidade nun campo eléctrico. Pódese realizar sobre a superficie hidratada dun soporte sólido (electroforese en papel) ou a través dunha matriz porosa (electroforese en xel). En solos, utilízase sobre todo no estudo dos compostos orgánicos.