...

Encima segregado por unha célula e que actúa fóra dela.

A súa presenza no solo débese á súa continua liberación ao medio por parte dos organismos do solo. Ao tratarse de moléculas con carga eléctrica positiva, poden quedar inmobilizados e estabilizados ao interactuar con minerais da arxila, con moléculas orgánicas e con substancias húmicas, co cal perden a súa funcionalidade.

Adoitan estar implicados na degradación de macromoléculas, o que fai que os produtos da degradación poidan atravesar a membrana celular.

No solo, os encimas extracelulares, como por exemplo as hidrolases, oxidases e fosfatases, poden sobrevivir un certo tempo e xogar un papel importante nas reaccións bioquímicas e ciclos bioxeoquímicos; algúns consideráronse como potenciais indicadores da actividade microbiana en xeral e da calidade do solo.