Función termodinámica que expresa a condición de equilibrio e de espontaneidade para unha reacción química (a presión e a temperatura constantes), tomando en consideración só as variables do sistema. É unha función de estado extensiva e exprésase en unidades de enerxía (kJ mol−1). Para unha reacción determinada, a variación de enerxía de Gibbs (G) calcúlase: ∆G(reacción) = n∆Gf (produtos) − m∆Gf (reactantes), onde n e m son os coeficientes estequiométricos da reacción. Pode ser ∆G = 0 (condición de equilibrio); ∆G < 0 (reacción espontánea); ou ∆G > 0 (reacción non espontánea).