Procedemento utilizado para estudar os esforzos no solo in situ por presión-deformación debido ao tráfico de vehículos. Consiste nun tubo de aceiro inoxidable que conta cun medidor de presión nun dos extremos e, no outro, unha membrana cilíndrica que contén auga a presión, que é o extremo que se sitúa debaixo da liña de circulación do vehículo.