...

Operación pola cal se estima cualitativamente a compactidade dun horizonte do solo no campo. Consiste en intentar facer penetrar a folla dun coitelo no horizonte, calquera que sexa o seu estado de humidade no momento do ensaio, e avaliar a forza que se precisa para facelo. As clases definidas son: 1) non coherente (a folla do coitelo penetra sen esforzo ata o mango); 2) pouco compacto (requírese un lixeiro esforzo); 3) compacto (penetra de forma parcial incluso cun esforzo grande); e 4) moi compacto (só penetra uns poucos milímetros). Os ensaios cuantitativos realízanse cun penetrómetro.