Proba pola cal se determinan en laboratorio os cambios de densidade aparente e consistencia dunha mostra inalterada de solo en función do contido de humidade e a carga de compresión. O método consiste en confinar a mostra nun anel e comprimila entre placas porosas rexistrando os cambios de volume da mostra en función da compresión mecánica exercida polas placas.