Instrumento que permite a obtención de imaxes tridimensionais da estrutura do solo, baseada na densidade electrónica dos seus constituíntes. É unha técnica non destrutiva que permite obter información da arquitectura do solo: porosidade e organización dos poros, morfoloxía da estrutura e densidade aparente. A resolución do instrumento indícase en vóxels e está entre 0,25 mm e 3 micrómetros (microtomografía).