...

Formas solubles de aluminio que, en sistemas Al-H2O, están constituídas por monómeros de aluminio libre (Al3+) ou formas hidroxiladas, como Al(OH)(H2O)52+. Na fase líquida do solo, tamén poden aparecer especies monoméricas de Al-F, Al-SO4 ou complexos Al-MO. O aluminio monomérico é a forma reactiva que se determina directamente na análise da disolución do solo.