No modelo da dobre capa difusa de Gouy-Chapman, distancia dende a superficie do coloide ata onde a concentración de ións da dobre capa deixa de variar coa distancia. Representa o paso da dobre capa á disolución exterior (fase líquida). Exprésase 1/K = (3 × 10−8) / zC1/2 a 25 °C, onde z é a carga do ión de signo contrario e C a concentración do electrólito na fase líquida; polo tanto, o espesor da dobre capa diminúe ao aumentar a carga do ión de signo contrario, así como cando aumenta a concentración na fase líquida.