...

Aplícase a un organismo que só tolera un rango moi estreito de condicións ambientais ou que se adapta só a un rango limitado de cambios ambientais. O medio debe posuír unhas características óptimas para que o individuo poida vivir nel.

As especies estenoicas teñen unha distribución xeográfica restrinxida en comparación coas especies eurioicas. Considérase que predominan nos ecosistemas maduros.

Segundo o parámetro ambiental considerado fálase de: organismos estenohalinos (só viven en medios con moi poucas variacións de salinidade); organismos estenotérmicos (sobreviven en estreitos rangos de temperatura), entre outros. Por exemplo, Pinus caraniense e Pinus pinaster ssp. atlantica destacan pola súa estenoicidade.