En petroloxía, a disposición relativa dos minerais que forman unha rocha. Nunha rocha ígnea depende da velocidade de arrefriamento do magma, da súa viscosidade e da concentración molecular dos seus compoñentes. Isto determina o grao de cristalización, o tamaño dos grans, a forma e tamaño relativos e a distribución dos grans minerais, uns respecto a outros e de calquera vidro que poida estar presente. Algúns autores refírense á textura da rocha, e nin este termo nin estrutura teñen nada que ver coa textura ou estrutura do solo.