Tipo de macroestrutura cunha disposición natural duradeira de partículas elementais (arxila, limo, area e moi pouca materia orgánica) unidas entre si de maneira estable. As unidades estruturais presentan unha orientación preferentemente oblicua, teñen forma elíptica e terminan en ángulo agudo (dobre cuña), as caras son de planas a lixeiramente curvas, ás veces puídas e, a miúdo, con estrías paralelas debidas ao roce duns agregados con outros por procesos repetidos de inchamento e contracción (expansión e retracción) da matriz do solo. É característica de solos ricos en arxilas inchables (expansibles) do grupo das esmectitas. É característica d Vertisolos (ST, WRB) e solos con carácter vértico.