...

Aplícase a un organismo que tolera un rango moi amplo de condicións ambientais ou que é capaz de vivir nunha gran variedade de hábitats.

As especies eurioicas teñen unha distribución xeográfica moi ampla en comparación coas especies estenoicas. Admítese que as especies eurioicas predominan nos ecosistemas novos.

Segundo o parámetro ambiental considerado fálase de: organismos eurihalinos (capaces de tolerar amplos rangos de salinidade); organismos euritermos (con ampla tolerancia a variacións de temperatura), entre outros. Por exemplo, Pinus sylvestris crece nos substratos máis variados, incluídos solo areosos, margas arxilosas, pedras calcarias, rochas e marismas.