sigla: EPSs (en. exopolysaccharides); SPEs (es. exopolisacáridos)
Polímero de alto peso molecular composto de residuos de azucres segregado por microorganismos ao medio circundante.
Son polisacáridos multifuncionais que constan de cadeas de monosacáridos e tamén dalgúns substituíntes non glicídicos (como acetato, piruvato, succinato e fosfato). Forman complexos ao asociarse con proteínas, lípidos, ións metálicos, ADN extracelular (eDNA), compostos orgánicos e inorgánicos para formar unha capa protectora ao redor das colonias microbianas coñecida como biopelícula. As funcións específicas dos exopolisacáridos dependen da composición estrutural e do hábitat do microorganismo que o secreta.