...

Disolución extraída dunha mostra de solo saturada de auga. Obtense engadindo lentamente auga desmineralizada a unha mostra de terra fina e removendo cunha espátula para acadar o grao de saturación hídrica (pasta saturada). Déixase que se equilibre a pasta e se obtén o extracto mediante succión ou por centrifugación. Utilízase para caracterizar a salinidade do solo, por medio da determinación da condutividade eléctrica do extracto (CEs) e da concentración de catións (Ca2+, Mg2+ e Na+) e anións (Cl, SO42− e HCO3).