Técnica de fitorremediación que consiste na degradación ou inactivación de contaminantes como resultado directo do metabolismo vexetal polos encimas presentes nos tecidos das plantas.
Pódese utilizar para degradar contaminantes en corpos de auga. Por exemplo, en humidais que reciban efluentes de augas residuais emprégase o carrizo, Phragmites australis que pode absorber, translocar e degradar ibuprofeno presente en augas; mentras que o xunco, Scyrpus grossus, empregaouse para a degración de diésel en augas contaminadas.
As plantas transxénicas que expresan un xen bacteriano dunha hidrolase de fósforo orgánico (OPH) poden segregar o encima ao medio e proporcionar unha nova estratexia de fitodegradación de compostos organofosforados utilizados como praguicidas.