...

Proceso fisicoquímico mediante o cal as substancias coloidais en suspensión se unen e se depositan, debido á acción específica dun axente floculante. As partículas da fase dispersa desestabilizadas únense e forman microflóculos, primeiro e, flóculos, despois (grupos de partículas de maior tamaño). A floculación dos coloides do solo é importante, porque, por un lado, en moitos casos é o primeiro estadio da formación de microagregados, que son a base da estrutura do solo. Por outro lado, pode crear problemas na análise granulométrica dalgúns solos, como por exemplo, os xesosos.