...

Fluxo que se caracteriza por unha velocidade que permanece suficientemente lenta para que non se produzan turbulencias.

No fluido, as moléculas de auga, aínda que se moven a distintas velocidades, forman distintas capas paralelas á superficie do conduto, unhas sobre outras, seguindo traxectorias moi definidas sen se mesturar, cada unha na mesma dirección xeral; as partículas en suspensión seguen liñas de corrente e a velocidade non presenta variacións macroscópicas.

É característico de fluídos que se desprazan a velocidades baixas e, sobre todo, daqueles que teñen unha viscosidade alta. Ten valores baixos do número de Reynolds. Por exemplo, é o que debe ter lugar na caída de partículas esféricas a través dun líquido nunha análise granulométrica para que se cumpra a lei de Stokes. A maioría de fluxos de auga no solo son desta clase, o que se require, p. ex., para que se cumpra de lei de Darcy.