...

Mecanismos de humificación da materia orgánica polos cales se forman as substancias húmicas, que é un dos aspectos menos entendidos da química do humus.

Na formación das substancias húmicas interveñen un conxunto de procesos de transformación dos residuos orgánicos vexetais e animais levados a cabo esencialmente pola comunidade microbiana. Dan lugar a complexos de moléculas orgánicas (principalmente baseadas en unidades fenólicas e alquil aromáticas) unidas por diferentes tipos de enlaces covalentes, pero tamén por pontes de hidróxeno, interaccións hidrofóbicas, forzas de van der Waals, atracción iónica e complexos de coordinación.

No progreso no coñecemento das substancias húmicas, propuxéronse diversos mecanismos para explicar a estrutura e formación das substancias húmicas durante os procesos de descomposición da MOS: 1) teoría da lignina proposta por S. A. Waksman (1936); 2) teoría dos polifenois; 3) teoría de W. Flaig. Estas tres vías débense considerar como mecanismos posibles na natureza, aínda que non operan nos distintos solos na mesma medida nin coa mesma importancia.