...

Hexápodo que pertence á Orde Hymenoptera, familia Formicidae. Teñen de 2 a 5 mm de lonxitude e o seu corpo está composto de: cabeza con antenas e ollos compostos, tórax con tres pares de patas e abdome. A súa principal característica é a constrición entre o abdome e o tórax que se asemella a unha cintura estreita.

Son insectos sociais e forman niños (formigueiros) nos que vive a colonia, en túmulos en árbores ou no solo. Poden ser epixeos (na superficie do solo) ou hipoxeos (subterráneos). Nunha colonia hai unha ou máis raíñas, que forman a caste reprodutiva, mentres que o resto das femias son obreiras estériles e sen ás que non se reproducen e encárganse de apañar comida, coidar a prole da raíña, construír o formigueiro, protexer á comunidade, entre outros aspectos.

As formigas xeralmente son omnívoras, pero hai especies preeiras, depredadoras ou herbívoras, ás veces cun elevado nivel de especialización.

Como outros organismos da macrofauna do solo, xogan un papel importante ao transportar materiais en sentido vertical e horizontal, xa que mentres cavan túneles e cámaras, favorecen o movemento de nutrientes e da auga. As formigas cortadoras de follas cultivan fungos nas súas galerías que descompoñen o material vexetal.