Magnitude que avalía o efecto combinado das actividades de diversos ións nunha disolución sobre un electrólito determinado. Serve para comparar disolucións de composición diversa. Calcúlase a partir da expresión I = 1/2 Σmi zi2, onde m é a molaridade da disolución (mol L−1), z é a carga dos ións (catións e anións) na disolución, e i indica os ións (catións e anións ) presentes na disolución. A ecuación de Marion-Babcock relaciona a forza iónica coa condutividade eléctrica: log I = 1,159 + 1,009 log CE.