Forzas físicas e químicas responsables da acumulación dun constituinte nas superficies coloidais. Inclúen forzas de Van der Waals), protonación, pontes de hidróxeno (un átomo de hidróxeno actúa de enlace), interaccións hidrofóbicas (adsorción de compostos non polares), unións electrostáticas (debidas á carga eléctrica na superficie do coloide), enlaces de coordinación (enlaces covalentes coordinados) e intercambio de ligandos (substitución dun ligando por unha molécula adsorbida).