Forzas exercidas por un fluído sobre un sólido en movemento somerxido nel, o que provoca unha diminución da velocidade do fluxo. Corresponde ás forzas dinámicas, Fd, que aparecen sempre que as forzas estáticas, Fs, fan que un corpo ou un líquido se mova. No equilibrio, o seu valor é igual e de signo contrario ao das forzas estáticas. En ausencia de movemento, non hai forzas de rozamento e a suma de forzas estáticas é igual a cero, situación que se denomina equilibrio estático, cumpríndose que: ΣF = ΣFs = ΣFd = 0.