...

Reacción química consistente na adición dun grupo fosfato a unha molécula orgánica (azucre ou proteína). Desempeña un papel importante en varios procesos bioquímicos que acontecen nas células dos seres vivos. Por exemplo, a fosforilación oxidativa ou a fosforilación a nivel de substrato que dan lugar á formación de ATP.