Proceso polo cal un organismo obtén a enerxía necesaria para asegurar a síntese dos seus constituintes celulares e os gastos de mantemento da célula a partir da radiación electromagnética solar que é captada por pigmentos fotorreceptores. Para a síntese e desenvolvemento celular necesitarase tamén unha fonte de carbono.