...

As actinobacterias no solo desenvolven principalmente as seguintes funcións: 1) degradación dunha enorme variedade de substratos orgánicos dificilmente atacables por outros microorganismos (fungos e outras bacterias) ao producir unha despolimerización progresiva de polímeros recalcitrantes (quitina, celulosa, hemicelulosas) a unidades máis curtas; 2) participación nos ciclos bioxeoquímicos; 3) produción e exsudación de compostos bioactivos, tales como antibióticos, principalmente por parte do xénero Streptomyces, con beneficios para a humanidade, e no solo para eles mesmos, dado que utilizan os antibióticos que producen contra organismos competitivos; 4) diversas especies de Streptomyces posúen encimas que degradan a pectina; 5) formación de asociacións simbióticas do xénero Frankia con diversas especies de plantas non fabáceas, por exemplo, Alnus glutinosa, asociación que adoita denominarse actinorriza e que da lugar á fixación de N2 nos nódulos, nitróxeno que é trasladado en forma de compostos orgánicos nitroxenados á planta; 6) produción de derivados do terpeno volátil, xeosminas, que contribúen ao recendo característico dos solos, especialmente inmediatamente despois dunha choiva; 7) produción de danos aos cultivos, en especial ás patacas (Solanum tuberorum L.), pola especie Streptomycetes scabies.