Reino de organismos eucariotas e por tanto, pertencen ao dominio Eukarya. Poden ser fungos unicelulares (lévedos), ou fungos pluricelulares, con metabolismo heterótrofo, aerobios obrigados.
Os fungos reprodúcense mediante esporas, que son células xerminais que se producen nos esporanxios ben asexualmente ou como resultado dun proceso de reprodución sexual. As esporas son dispersadas polo vento, os animais ou outros mecanismos, e permanecen durante moito tempo en estado latente, á espera de que as condicións sexan propicias para a súa xerminación.
Moitos fungos do solo tamén producen estruturas para sobrevivir en épocas desfavorables denominadas esclerocios que consisten nunha masa compacta de micelio endurecido, que contén reservas alimenticias a miúdo cunha capa externa grosa protectora, que pode ter unha pigmentación escura de melanina. Os lévedos divídense xeralmente por xemación. Algúns fungos, denominados dimorfos, poden alternar entre a forma de filamento (hifa) e a de lévedo, dependendo das condicións ambientais. En termos de biomasa, xeralmente dominan a microbiota do solo. A ciencia que se dedica ao seu estudo denomínase Micoloxía.