Grupo de átomos (estruturas submoleculares) que confiren unha reactividade química característica ás moléculas situadas na superficie das partículas da fase sólida do solo. Teñen unha importante función nos procesos de adsorción e de protonación, entre outros. Entre os compoñentes minerais do solo que presentan grupos funcionais de superficie (GFS) encóntranse os minerais de arxila, os materiais de baixo orde, os óxidos metálicos e os hidróxidos; mentres que os grupos carboxílicos, fenólicos, sulfhidrilos e as aminas son GFS dos compoñentes coloidais da materia orgánica. Pódese tratar de sedes activas polares ou de sedes activas non polares.