Proceso fisicoquímico de interacción electrostática entre un ión e moléculas de auga, a causa do carácter dipolar destas. Cando interaccionan, as moléculas de auga se orientan con respecto ao ión, de maneira que as máis próximas a el se dispoñen ordenadamente ao seu redor por atracción electrostática, formando unha esfera de hidratación, e dise que o ión está hidratado. O número de moléculas de auga da primeira capa de hidratación depende do tamaño e da carga do ión. Por exemplo, un Al3+ rodéase rapidamente de seis moléculas de auga: [Al(H2O)6]3+, mentres que o Na+ se rodea de catro moléculas de auga.