...

Que absorbe a auga con facilidade. A maioría de solos son hidrófilos e, en particular, algúns compoñentes da fracción orgánica son coloides hidrófilos. En solos emendados con compost de residuos sólidos urbanos ou outros residuos orgánicos que non están ben estabilizados, pódese observar hidrofobia, sobre todo cando esas emendas orgánicas están secas.