...

Propiedade dunha substancia de non absorber a auga ou que non ten afinidade pola auga. A fase dispersa (coloide) non interacciona co medio de dispersión (auga) e o coloide hidrófobo pode ser floculado. A hidrofobia adquirida pódese deber á formación de revestimentos orgánicos (substancias húmicas e lípidos) sobre os grans de area, o que produce un secado irreversible da materia orgánica. Cando a dispoñibilidade hídrica das plantas depende basicamente da materia orgánica dun solo, a xeración de hidrofobia compromete o desenvolvemento vexetal. É unha das posibles causas da deterioración das praderías de pasto ou dos greens dos campos de golc. nom. f. Tamén se adoita ver potenciada en solos de bosque por efecto dos incendios.