...

Propiedade dunha substancia de non absorber a auga ou que non ten afinidade pola auga. A fase dispersa (coloide) non interacciona co medio de dispersión (auga) e o coloide hidrófobo pode ser floculado. A hidrofobia adquirida é debida, entre outras causas, á formación de revestimentos orgánicos (substancias húmicas e lípidos) sobre os grans de area, o que produce un secado irreversible da materia orgánica. Cando a dispoñibilidade hídrica das plantas depende basicamente da materia orgánica dun solo, a xeración de hidrofobia compromete o desenvolvemento vexetal. É unha das posibles causas da deterioración das pradarías de pasto ou dos greens dos campos de golf. Tamén se adoita ver potenciada en solos de bosque por efecto dos incendios.