...

Estado de saturación hídrica de parte ou da totalidade dun solo con mal drenaxe que leva acondicións anóxicas e ao desenvolvemento de trazos específicos debidos a procesos redox que afectan a aqueles elementos que poden actuar con varias valencias, tales como ferro, manganeso e xofre, entre outros.

Pueder ser: a) hidromorfismo permanente, debido á existencia dunha capa freática permanente, caracterizado pola presenza de coloracións agrisadas, gris-verdosas ou máis amarelas, por redución do Fe3+sup> a Fe2+sup> ou por que o Fe2+sup> foi retirado en disolución, arrastrado fóra do horizonte ou do solo co movemento da capa freática (empobrecemento);

b) hidromorfismo temporal, debido a unha capa freática cuxo nivel oscila ao longo do ano (capa freática colgada), caracterizado pola presenza de manchas na zona de oscilación do nivel da auga debido a condicións alternantes de oxidación e redución de sesquióxidos (condicións estágnicas).