...

Referido a unha substancia que ten a propiedade de adsorber auga a partir do vapor de auga da atmosfera circundante. Non resulta adecuado para referirse á auga do solo, a pesar de que nos inicios da física de solos fose utilizado o concepto de «auga higroscópica» ao establecerse categorías para a auga do solo, posteriormente substituídas polo concepto de potencial da auga do solo. A auga do solo non difire dun lugar a outro pola forma, senón polo seu potencial ou enerxía potencial, que é continuo e non presenta transicións abruptas dun nivel de enerxía a outro.