Capa ou horizonte que ten unha consistencia dura e que non se disgrega tras ser mergullada en auga durante un determinado número de horas. Isto é debido a que os seus compoñentes están unidos entre eles por un axente cementante (carbonato de calcio, xeso, óxidos de ferro, de aluminio ou sílice, entre outros) que lles confire coherencia. Descríbese atendendo ao grao de cementación, natureza do cemento, continuidade e estrutura da capa; e á natureza e tamaño dos grans que o compoñen.