Aparato para medir a humidade relativa do aire. Pode realizar medidas, rexistralas, almacenar a información e tamén transmitila. Hainos cun certificado ISO e algúns modelos están validados xudicialmente, xa que a súa información pode ser utilizada para valorar danos en almacéns.