Número que indica a inestabilidade ou estabilidade da estrutura dun solo. Existe unha gran diversidade de métodos para avaliar os índices en función das características do solo que se desexa estudar. Polo tanto interesa coñecer os metadatos de cada método, antes de decidir cal pode ser o máis adecuado. Segundo se avalíe a fracción de solo ou a proporción de agregados que resisten unha determinada acción ou tratamento, ou a fracción que non a resiste, os índices son de estabilidade ou de inestabilidade, respectivamente.